![]() ![]() | |
Nome orixinal | (la) Silvius ![]() |
---|---|
Biografía | |
2º Rei Alba Longa | |
1141 a. C. – 1112 a. C. ← Ascanio ![]() | |
Familia | |
Familia | Aeneads (en) ![]() ![]() |
Fillos | Aeneas Silvius, Bruto de Troia ![]() |
Pais | Ascanio Eneas ![]() ![]() |
Irmáns | Ascanio Etia Anthemone ![]() |
Descrito pola fonte | Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru ![]() |
Silvio é un rei lendario de Alba Longa que reinaría entre o -1139 e o -1110.
É citado, entre outras fontes, na Eneida de Virxilio. Era fillo de Eneas e de Lavinia aínda que outros din que o seu pai era Ascanio, o fillo máis vello de Eneas, tido coa súa primeira esposa Creúsa. Foi o sucesor do seu medio irmán Ascanio como rei de Alba Longa[1] ben por ser fillo do anterior, ben por ter usurpado o trono. Da súa estirpe descenderán case todos os reis de Alba Longa e del en diante a maior parte conservarán o nome Silvio no apelido. Sucedeuno o seu fillo Eneas Silvio, e despois o seu neto Latino Silvio, á súa vez rei. Igualmente, a gens Iulia di que a súa dinastía vén dos descendentes de Ascanio e non dos de Silvio, por tanto moi probabelmente tamén Rómulo e Remo serían descendentes de Ascanio. Virxilio non profunda estes aspectos. Dante Alighieri cítao no Canto I do Inferno da Divina Comedia.