Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Cundinamarca | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 107 km² | |||
Altitude | 2.559 m | |||
Creación | 14 de agosto de 1600 | |||
Sitio web | simijaca-cundinamarca.gov.co… |
Simijaca é un concello do departamento de Cundinamarca, Colombia, que se atopa na provincia de Ubaté, a 135 km de Bogotá.[1]
O topónimo Simijaca, en muysc cubun (lingua muisca) significa «peteiro de curuxa».
Na época precolombiana, o territorio do concello estaba habitado polos indíxenas sutas e simijacas, que pertencían ó pobo muisca. Estes foron sometidos polo conquistador español Hernán Pérez de Quesada en 1541. En 1548, o franciscano Frei Luis Zapata de Cárdenas creou a Parroquia de Simijaca logo de efectuar unha visita pastoral á Parroquia de Susa. A dirección da Parroquia foi encomendada ós pais dominicos de Chiquinquirá.[2]
O Oidor Luis Enríquez, por auto de 14 de agosto de 1600 proferido en Cucunubá, fundou o actual poboado de Simijaca, formado polos indios de Simijaca, os de Fúquene e os de Nemoguá.[1]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Simijaca |