Sin tetas no hay paraíso é unha telenovela de Colombia realizada por Caracol Televisión, baseada na novela homónima de Gustavo Bolívar que se transmitiu por televisión en 2006 e logo comercializouse en DVD.
Durante os seus tres meses de emisión acadou unha media de 14,9 puntos de cota de pantalla e un share de 49.8; a súa estrea foi o 16 de agosto de 2006, obtendo 10,9 de cota de pantalla e un share de 38,7; o derradeiro episodio bateu un récord de audiencia no país, foi o 13 de outubro e tivo un 17,8 de cota de pantalla e un share de 58,6. Caracol Televisión Internacional vendeu os dereitos de formato a Telecinco de España, que realizou a súa propia versión, Sin tetas no hay paraíso, que se estreou en xaneiro de 2008, e a Telemundo que realizou tamén a súa propia versión, Sin senos no hay paraiso.