Sina 1 | |
---|---|
Tipo | Comunicacións / experimental |
Contratistas principais | NPO Polyot |
Data de lanzamento | 27 de outubro de 2005[1][2][3] |
Foguete portador | Kosmos 3M[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Plesetsk[2][3][4][5] |
Obxectivo da misión | Estudo da ionosfera terrestre.[2][3][4][5] |
NSSDC ID | 2005-043D |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7063 km[1] |
Inclinación | 98,2°[1] |
Apoapse | 703,4 km[1] |
Periapse | 681,3 km[1] |
Sina 1 (ás veces escrito como Sinah 1) foi un satélite artificial iraniano lanzado o 27 de outubro de 2005 a bordo dun foguete Kosmos 3M desde o cosmódromo de Plesetsk.[1][2][4][5]
Sina 1 foi o primeiro satélite iraniano, construído pola empresa rusa NPO Polyot usando o bus Sterkh. O satélite tiña unha masa de 160 kg e levaba unha carga experimental para comunicacións, aínda que algúns informes indican que tamén tiña capacidade para obter imaxes.[1][2][4][5]