A terceira sinfonía de Mahler foi estreada parcialmente o 9 de marzo do 1897 pola orquestra filharmónica de Berlín (unicamente os movementos segundo, terceiro e sexto). Foi estreada ó completo en Krefeld en xuño do 1902.
Trátase dunha obra orquestral con acompañamento vocal no cuarto e quinto movementos. É dunha obra de longa duración e cunha intencionalidade non só artística, senón tamén transcendente.
Os seis movementos que conforman a peza son:
- Kräftig. Entschieden
- Tempo di Menuetto. Sehr Mässig
- Comodo. Scherzando. Ohne Hast
- Sehr langsam. Misterioso. Durchaus ppp
- Lustig im Tempo und keck im Ausdruck
- Langsam. Ruhevoll. Empfunden