Sinucleína | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Identificadores | |||||||||
Símbolo | Synuclein | ||||||||
Pfam | PF01387 | ||||||||
InterPro | IPR001058 | ||||||||
SCOPe | 1xq8 / SUPFAM | ||||||||
OPM superfamily | 150 | ||||||||
OPM protein | 1xq8 | ||||||||
|
As sinucleínas son unha familia de proteínas solubles propia dos vertebrados, expresadas principalmente no tecido nervioso e en certos tumores.[1]
A familia da sinucleína comprende tres proteínas coñecidas: alfa-sinucleína, beta-sinucleína e gamma-sinucleína. O interese na familia das sinucleínas empezou cando se encontrou que a alfa-sinucleína estaba mutada en varias familias con enfermidade de Parkinson de herdanza autosómica dominante.[2]
Todas as sinucleínas teñen en común un motivo de unión a lípidos en hélice alfa altamente conservado con semellanza coa clase de dominios de unión a lípidos da clase A2 de apolipoproteínas intercambiables. Os membros da familia da sinucleína non se encontran fóra dos vertebrados, aínda que estas proteínas teñen algunha semellanza estrutrual conservada coas proteínas de plantas "abundantes no embrión tardío".[1]
As funcións celulares normais non foron determinadas para ningunha das proteínas sinucleínas. As mutacións na alfa-sinucleína están asociadas coa enfermidade de Parkinson familiar de comezo temperán e as proteínas agregadas anormalmente das enfermidades de Parkinson e de Alzheimer, enfermidades con corpos de Lewy e outras enfermidades neurodexenerativas.[3][4] A expresión da proteína gamma-sinucleína en tumores de mama é un marcador para a progresión de tumores.[5][6]
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |