Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Ilhas Mentawai (pt) | |||
Situado na entidade xeográfica | Ilhas Mentawai (pt) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Ilhas Mentawai, Indonesia (pt) | |||
| ||||
Bañado por | Océano Índico | |||
Características | ||||
Altitude | 188 m | |||
Superficie | 601 km² | |||
Sipura ou Sipora (en indonesio, Pulau Sipura /Sipora) é unha illa de Indonesia. Está situada preto de Sumatra e é a máis pequena e máis desenvolvida das catro Illas Mentawai, con 601 km². A capital da rexencia das Illas Mentawai, Tua Pejat, atópase en Sipora. Estímase que entre o 10 e o 15% da selva orixinal consérvase nesta illa.
Sipora é un destino popular de surf. Varias praias atópanse no extremo sur da illa. a ondaxe é máis consistente desde abril ata outubro, pero Sipora é apta todo o ano como destino de surf. As condicións do vento poden variar segundo a hora, aínda que as súas augas son a miúdo acougadas e cristalinas. Para o aloxamento preto de Sipura, a maioría dos surfistas van a bordo de barcos que poden cargar en Padang e surfear cando as condicións cambian. Algúns surfistas optan por quedar na mesma illa nas estacións ou con familias locais en Tua Pajet.
As illas de Pagai do Norte (Pagai Utara) e Pagai do Sur (Pagai Selatan) están situadas ao sur, e tamén teñen puntos de surf ao longo das súas costas occidentais. A cuarta e máis grande das illas Mentawai, Siberut está situada ao norte de Sipora.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sipura |