Skank | |
---|---|
![]() | |
Na rede | |
http://skank.com.br/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Skank foi unha banda brasileira de pop rock formada en 1991 na cidade de Belo Horizonte, MG, por Samuel Rosa (voz, guitarra eléctrica e guitarra acústica), Henrique Portugal (teclados, guitarra e coros), Lelo Zaneti (baixo e coros) e Haroldo Ferretti (batería). A banda vendeu preto de 6,6 millóns de CD e DVD.[1]
Os catro músicos xuntáronse arredor do mesmo interese: transportar o clima do dancehall xamaicano á tradición pop brasileira. En 2019, tras 28 anos de carreira, a banda anunciou o seu fin, cunha xira de despedida celebrada entre 2022 e 2023.
Ao longo da súa carreira, Skank traballou con varios artistas internacionais, como Manu Chao, Andreas Kisser (Sepultura), Uakti ou Jorge Ben Jor, e foron eloxiados por Stewart Copeland pola versión de "Wrapped Around Your Finger", incluída na homenaxe latina a The Police, "Outlandos D'America", cantando unha versión en portugués. En 2002, Haroldo Ferretti e Henrique Portugal participaron no álbum Falange Canibal, do cantante e compositor Lenine.[2]
En 2019, a banda anunciou que remataría as súas actividades, sen previsión de retorno. En 2020 debía realizarse unha xira de despedida, pero tivo que aprazarse debido á pandemia de COVID-19.[3] O 26 de marzo de 2023 celebrouse o derradeiro concerto da banda, no Estádio do Mineirão, en Belo Horizonte.[4]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Skank ![]() |
![]() |
A Galicitas posúe citas sobre: Skank |