Slender Man | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Slender Man |
Director | Sylvain White |
Produtor |
|
Guión | David Birke |
Baseado en | Slender Man de Victor Surge |
Intérpretes | |
Música |
|
Fotografía | Luca Del Puppo |
Montaxe | Jake York |
Estudio |
|
Distribuidora | Sony Pictures Releasing |
Estrea | 10 de agosto de 2018 |
Duración | 100 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Terror |
Recadación | 51,7 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
http://slenderman.movie/ | |
|
Slender Man é un filme estadounidense de 2018 dirixido por Sylvain White e escrito por David Birke. Baséase no personaxe homónimo. O filme está protagonizado por Joey King, Julia Goldani Telles, Taylor Richardson, Jaz Sinclair, Annalise Basso e Alex Fitzalan, con Javier Botet como o personaxe do título.
O desenvolvemento do filme comezou en maio de 2016, con Birke contratado para escribir o guión e gran parte do elenco asinando un ano despois. A rodaxe tivo lugar en Massachusetts en xuño e xullo de 2017.
Estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 10 de agosto de 2018, e recadou 52 millóns de dólares. Recibiu moi malas valoracións pola crítica e Sinclair foi nomeada ao Golden Raspberry á peor actriz secundaria.