Sobreacumulación

A sobreacumulación ou superacumulación é un concepto da economía marxista que define a situación a través da que os investidores, ao non ter a expectativa de obter unha taxa de ganancia que consideran suficiente, optan por deixar de reinvestir o seu capital e plusvalía, acumulándoo sen fins produtivos. Cando a sobreacumulación convértese na tónica xeral do mercado, pode producir crise ou acentuar as xa existentes, constituíndo unha das causas das crises cíclicas do capitalismo.[1][2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. Marx, Karl. "Tomo III". O Capital. 
  2. (en inglés) The Marxist Theory of Overaccumulation and Crisis. Science & Society. 1990.