Sociedade Canadense de Papel Moeda | |
---|---|
Tipo | sociedade científica |
Campo de traballo | numismática |
Data de fundación | 1964 |
Sede | Otava |
País | Canadá |
Na rede | |
http://www.cpmsonline.ca | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Sociedade Canadense de Papel Moeda (en inglés: Canadian Paper Money Society –CPMS–) é unha organización numismática sen ánimo de lucro e dedicada á promoción dos estudos e do coleccionismo de billetes canadenses, correspondentes a emisións tanto públicas coma privadas.[1]
Foi fundada en 1964 e ten a súa sede en Otava, Ontario.[2][3] O seu presidente é Stephen Oatway.[4]
Os seus membros son fundamentalmente canadenses, aínda que tamén os hai nos Estados Unidos e noutros países.
A CPMS fai coincidir a súa asemblea xeral ordinaria coa celebración da súa convención anual.
Os seus membros teñen acceso á consulta dos fondos da biblioteca da Real Asociación Numismática do Canadá.[5]
A Sociedade Canadense de Papel Moeda publica con periodicidade trimestral o xornal Canadian Paper Money Society Journal, con informacións de actualidade e artigos de investigación acerca do papel moeda canadense.[6]
Esta é unha listaxe dos presidentes da entidade desde a súa fundación en 1964.[7]