A Sociedade Europea de Física (en inglés, European Physical Society, EPS) é unha organización sen ánimo de lucro cuxo propósito é promover a física e o labor dos físicos en Europa. Foi creada en 1968,[1] e entre os seus membros inclúense as sociedades nacionais de física de 42 países, e uns 3200 membros individuais. A Sociedade Alemá de Física, a maior organización de físicos no mundo, é un membro importante.[2]
Unha das súas principais actividades é a organización de conferencias internacionais. A súa revista é Europhysics Letters; entre as súas outras publicacións inclúense Europhysics News e a European Journal of Physics. Está organizada en 11 divisións e 7 grupos.
A EPS outorga diversos premios, incluíndo o Premio EPS Europhysics, e o Premio Lisa Meitner.[3]
A EPS organiza periodicamente as Europhysics Conferences[4] sobre distintos campos da física e, ademais, patrocina outros eventos (Sponsored Conferences) organizados por outras organizacións afíns, como a Conferencia Internacional de Estudantes de Física[5] en 2011.[6]
European Physical Society (EPS), in der auch die DPG als nationale Gesellschaft Mitglied ist.