Soil Moisture Active Passive / SMAP | |
---|---|
SMAP | |
Tipo | Científico |
Fabricante | JPL |
Organización | JPL |
Data de lanzamento | 31 de xaneiro de 2015, 14:22 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Delta 7320[1][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[1][6] |
Obxectivo da misión | Medición da humidade terrestre.[1][6] |
NSSDC ID | 2015-003A |
Masa | 944 kg[1] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7060 km[2] |
Inclinación | 98,1º[2] |
Apoapse | 690,7 km[2] |
Periapse | 688,4 km[2] |
Soil Moisture Active Passive ou SMAP é un satélite artificial do JPL da NASA lanzado o 31 de xaneiro de 2015 a bordo dun Delta 730 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[1][6][5]
A misión de SMAP é estudar a humidade do solo da Terra mediante un radiómetro e radar. As medicións de humidade son necesarias para mellorar e comprender os ciclos do auga rexionais, a produtividade dos ecosistemas e a relación entre os ciclos da auga, do carbono e da enerxía na biosfera terrestre. Ademais as medicións de alta resolución da humidade melloran a precisión dos prognósticos meteorolóxicos, as previsións de inundacións e axudan na mellora da produtividade agrícola.[1][6][5]
SMAP leva a bordo un radiómetro e un radar en banda L cun reflector de 6 m de diámetro cunha resolución de entre 1 e 3 km. O 7 de xullo de 2015 unha avaría no radar deixouno fóra de servizo, polo que o satélite só obtén datos co radiómetro.[1][6][5]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soil Moisture Active Passive |