Soisalo

Modelo:Xeografía físicaSoisalo
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaFinlandia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 62°23′N 28°13′L / 62.38, 28.22
Características
Superficie1.635 km² Editar o valor en Wikidata

A illa Soisalo (finés: Soisalo saari) é, cunha superficie de 1.638 km², a illa máis grande de Finlandia e a illa continental máis grande de Europa. Situada en Savonia do Norte (antiga provincia de Finlandia Oriental), está rodeada polos lagos Kallavesi, Suvasvesi, Kermajärvi, Ruokovesi, Haukivesi e Unnukka. Xeograficamente, Soisalo, malia estar rodeado de auga, non é unha illa como tal,[1] porque os lagos non están no mesmo nivel. A maior diferenza entre os lagos é de 6 m. Sääminginsalo, unha illa moi próxima de 1.069 km², está igualmente rodeada de lagos, pero que están no mesmo nivel. Con todo, Sääminginsalo está tamén en parte rodeada por unha canle artificial, polo que non pode ser considerada unha verdadeira illa tampouco. En tal caso, Fasta Åland, con 685 km², sería a illa máis grande do país.

  1. Tapani Sarjakoski (1996). "20 How many lakes, rivers and islands are there in Finland?". En Peter A. Burrough and Andrew U. Frank. Geographic Objects with Indeterminate Boundaries. Taylor & Francis. p. 304. Consultado o 1 de novembro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]