Soiuz 21 | |
---|---|
Selo postal adicado á Soiuz 21 | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 6 de xullo de 1976, 12:08 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz 11A511[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 49,27 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa estación espacial Saliut 5.[2][6] |
Regreso | 24 de agosto de 1976, 18:33 GMT[1][6] |
NSSDC ID | 1976-064A |
Masa | 6750,0 kg[2][5][6] |
Soiuz 21 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 6 de xullo de 1976 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Soiuz 21, cos cosmonautas Boris Volinov e Vitali Zholobov a bordo, foi lanzada para acoplarse á estación espacial militar Saliut 5. Os cosmonautas tiveron que facer o acoplamento a man ao fallar o sistema automático Igla. Tras case dous meses a bordo os dous tripulantes solicitaron o regreso a terra debido á mala condición física e psicolóxica do enxeñeiro Zholobov, que sufriu mareo espacial de maneira continua durante todo o voo. Máis tarde determinouse que ámbolos dous cosmonautas sufriran problemas psicolóxicos en órbita, non seguiran a súa rutina de exercicios físicos para manterse en forma e desenvolveron desexos irracionais de regresar a terra. Especulouse coa posibilidad de que o aire da estación fora contaminado con algunha substancia tóxica.[2][3][4][5]
A Soiuz 21 volveu a terra despois de case 50 días en órbita, aterrando a 200 km ao suroeste de Kokchetav o 25 de agosto de 1976 ás 18:33 GMT.[2][3][4][5]