Soiuz 25 | |
---|---|
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 9 de outubro de 1977, 2:40 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz U[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 2,03 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa estación espacial Saliut 6.[2][6] |
Regreso | 11 de outubro de 1977, 3:25 GMT[1][6] |
NSSDC ID | 1977-099A |
Masa | 6570,0 kg[2][5][6] |
Soiuz 25 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 9 de outubro de 1977 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Soiuz 25, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Vladimir Kovalionok e Valeri Riumin a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 6. Tras achegarse e acoplarse en modo suave, a tripulación foi incapaz de acadar un acoplamento duro (mecanicamente consistente e sólido), sen o cal a presurización e a apertura da portela entre ambas naves era imposible. Máis tarde atopouse que a causa foi un defecto mecánico no mecanismo de acoplamento da Soiuz 25, pero chegouse a pensar que era o mecanismo de atraque da Saliut 6 o danado, co que misións posteriores tampouco poderían acoplarse.[2][3][4][5]
A Soiuz 25 tivo que volver a terra sen completar a súa misión, despois de pouco máis de 2 días en órbita, aterrando o 11 de outubro de 1977 ás 3:24 GMT.[2][3][4][5]