Soiuz 27 | |
---|---|
![]() Selo postal conmemorativo das Soiuz 26 e 27 | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 10 de xaneiro de 1978, 12:26 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz U[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 5,96 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa estación espacial Saliut 6.[2][6] |
Regreso | 16 de marzo de 1978, 11:19 GMT[1][6] |
NSSDC ID | 1978-003A |
Masa | 6570,0 kg[2][5][6] |
Soiuz 27 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 10 de xaneiro de 1978 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Soiuz 27, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Oleg Makarov e Vladimir Dzhanibekov a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 6, xa ocupada pola tripulación da Soiuz 26, Iuri Romanenko e Georgi Grechko, converténdose na primeira nave en visitar unha estación xa ocupada. Makarov e Dzhanibekov pasadon apenas 6 días a bordo, facendo probas e experimentos xunto con Romanenko e Grechko. Finalmente regresaron a terra a bordo da Soiuz 26, o 16 de xaneiro, mentres que a Soiuz 27 quedou para uso da tripulación permanente, volvendo a terra o 16 de marzo de 1978.[2][3][4][5]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz 27 |