Soiuz 4 | |
---|---|
Modelo da Soiuz 4 e a Soiuz 5 despois de realizar o primeiro acoplamento de dúas naves espaciais tripuladas o 16 de xaneiro de 1969. | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 14 de xaneiro de 1969, 7:30 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz 11A511[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 2,97 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Soiuz 5.[2][6] |
Regreso | 17 de xaneiro de 1969, 6:51 GMT[1][6] |
NSSDC ID | 1969-004A |
Masa | 6000,0 kg[2][5][6] |
Soiuz 4 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 14 de xaneiro de 1969 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Soyuz 4, unha Soiuz modelo 7K-OK co cosmonauta Vladimir Shatalov a bordo, foi unha nave lanzada para acoplarse coa Soiuz 5 no que sería o primeiro acoplamento soviético no espazo simulando un acoplamento en órbita lunar. A Soiuz 5 foi lanzada o día seguinte á Soiuz 4, con Boris Volynov, Ievgeni Khrunov e Aleksei Ieliseiev a bordo. Tras sincronizar as órbitas as naves comezaron o achegamento automático o 16 de xaneiro ás 13:37 GMT ata que estiveron a 100 m de distancia, momento no que Shatalov tomou o control manual da nave e se acoplou suavemente no primeiro intento coa Soiuz 5. Khrunov e Ieliseiev, en traxe espacial, saíron da súa cápsula e entraron na Soiuz 4 mentres Volynov se quedaba como único tripulante da 5. Tras 4 horas e 35 minutos acopladas, a Soiuz 4 separouse da 5 e comezou o regreso á Terra cos tres cosmonautas a bordo. A cápsula tripulada aterrou o 17 de xaneiro ás 6:51 GMT a uns 100 km ao suroeste de Karaganda, en Casaquistán. A Soiuz 5 fixo un regreso máis accidentado ao día seguinte.[2][3][4][5]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz 4 |