Descrición | |
---|---|
Función: | Misións lunares. |
Tripulación: | Deseñada para dous tripulantes, nunca chegou a voar con cosmonautas a bordo.[1][2] |
Dimensións | |
Altura:: | 4.88 m |
Diámetro: | - |
Lanzamento Carga útil: | - |
Retorno de Carga útil: | - |
Masa no lanzamento: | 4680 kg[2] |
Volume Presurizado: | 4 m3[2] |
Enerxía Eléctrica | |
Fonte: | Paneis solares[2] |
Tamaño: | |
Enerxía Xerada: | 0,8 kW[2] |
Motores a bordo | |
Motor principal: | 1 x 11D58 |
Propulsores: | |
Rendemento | |
Resistencia: | |
Apoapse: | |
Periapse : | |
Inclinación: | |
Lanzamento | |
Sitio de Lanzamento: | Cosmódromo de Baikonur[2] |
Rampla: | |
Foguete Acelerador: | Proton K/D[2] |
Soiuz 7K-L1 foi un modelo de nave Soiuz deseñado para misións lunares. Era unha modificación do modelo 7K-OK para facer sobrevoos lunares.[1][2]
A 7K-L1 foi o reemprazo da nave LK-1 de Chelomei que foi cancelada a favor da primeira. A 7K-L1 non demostrou ser segura como nave tripulada ata agosto de 1969, despois de que os estadounidenses chegaran á Lúa. Todos os lanzamentos que se fixeron foron non tripulados ata a súa cancelación en 1970.[1][2]
A nave carecía do característico módulo orbital das naves Soiuz para aforrar masa. Tamén carecía do paracaídas de reserva a favor de engadir unha porta de saída na cápsula de reentrada. A nave foi dotada dos sistemas adecuados para a navegación interplanetaria e poder chegar á Lúa. Deseñada para facer unicamente misións de sobrevoo lunar, era lanzada mediante un foguete Proton K/D baixo a denominación Zond. Dos dez intentos de lanzamento catro finalizaron en fracaso, cinco en éxito e nun caso a cápsula foi destruída nun accidente previo. Construíronse dúas unidades adicionais que non chegaron a intentar lanzarse. As naves lanzadas con éxito levaban a bordo diferentes animais (moscas, tartarugas, vermes, bacterias, sementes, plantas...) e instrumentos de medición para estudar as condicións do espazo lunar.[1][2]
A Soiuz 7K-L1 tiña unha altura total de 4,88 m e unha masa de 5680 kg. O seu motor principal 11D58 proporcionaba un impulso de 4,17 kN. Tiña un volume habitable de 4 m3 e a electricidade era producida por paneis solares que xeraban ata 0,8 kW de potencia.[1][2]
Voo[2][1] | Data[2][1] | Centro de lanzamento[2][1] | Carga[2][1] | Resultado[2][1] | Notas[2][1] |
---|---|---|---|---|---|
1 | 27 de setembro de 1967 | Cosmódromo de Baikonur | Zond 4a | Fallo | |
2 | 22 de novembro de 1967 | Cosmódromo de Baikonur | Zond 4b | Fallo | |
3 | 2 de marzo de 1968 | Cosmódromo de Baikonur | Zond 4 | Éxito | |
4 | 22 de abril de 1968 | Cosmódromo de Baikonur | Zond 5a | Fallo | |
5 | - | - | Zond 5b | Destruída nun accidente previo ao lanzamento. | |
6 | 14 de setembro de 1968 | Cosmódromo de Baikonur | Zond 5 | Éxito | |
7 | 10 de novembro de 1968 | Cosmódromo de Baikonur | Zond 6 | Éxito | |
8 | 20 de xaneiro de 1969 | Cosmódromo de Baikonur | Zond 7a | Fallo | |
9 | 7 de agosto de 1969 | Cosmódromo de Baikonur | Zond 7 | Éxito | |
10 | 20 de outubro de 1970 | Cosmódromo de Baikonur | Zond 8 | Éxito |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz 7K-L1 |