Soiuz 7K-TM

Soiuz 7K-TM
Descrición
Función: Misións na órbita terrestre.
Tripulación: Dous cosmonautas.[1][2]
Dimensións
Altura:: 7,48 m
Diámetro:
Lanzamento Carga útil: -
Retorno de Carga útil: -
Masa no lanzamento: 6680 kg[2]
Volume Presurizado: 9 m3[2]
Enerxía Eléctrica
Fonte: Paneis solares[2]
Tamaño:
Enerxía Xerada: 0,50 kW[2]
Motores a bordo
Motor principal:
Propulsores:
Rendemento
Resistencia:
Apoapse:
Periapse :
Inclinación:
Lanzamento
Sitio de Lanzamento: Cosmódromo de Baikonur
Rampla:
Foguete Acelerador: Soiuz 11A511

Soiuz 7K-TM foi un modelo de nave Soiuz deseñado para misións na órbita terrestre. Estivo en servizo entre 1974 e 1975.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

A Soiuz 7K-TM foi unha modificación da Soiuz 7K-T destinada a participar no proxecto de probas Apollo-Soiuz, no que unha nave Apolo se acoplaría cunha nave Soiuz na primeira misión tripulada conxunta no espazo. Incluía algúns sistemas extra desenvolvidos para a cancelada Soiuz S, incluíndo unha nova torre de escape, paneis solares máis lixeiros e resistentes, un mecanismo de acoplamento andróxino universal, sinais ópticas para o acoplamento coa nave Apolo e cambios no sistema de mantemento de vida para rebaixar a presión atmosférica do interior a 0,68 atmosferas e facela compatible coa da nave estadounidense.[1][2]

Lanzáronse catro unidades da Soiuz 7K-TM, dúas de proba e dúas tripuladas.[1][2]

Número[1][2] Data[1][2] Centro de lanzamento[1][2] Misión[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
1 3 de abril de 1974 Cosmódromo de Baikonur Kosmos 638 (proba non tripulada) Éxito Primeiro voo dunha nave Soiuz 7K-TM.
2 12 de agosto de 1974 Cosmódromo de Baikonur Kosmos 672 (proba non tripulada) Éxito
3 2 de decembro de 1974 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 16 Éxito Primeiro voo de probas tripulado
4 15 de xullo de 1975 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 19 Éxito Proxecto de Probas Apolo-Soyuz. Último voo dunha Soiuz 7K-TM.
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 16, 19 (7K-TM, 11F615A12)" (en inglés). Consultado o 22 de setembro de 2017. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 Mark Wade (2017). "Soyuz 7K-TM" (en inglés). Consultado o 22 de setembro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]