Soiuz MS-18 | |
---|---|
![]() A Soiuz MS-18 engalando. | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 9 de abril de 2021[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz 2-1a[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5] |
Regreso | 17 de outubro de 2021[1] |
NSSDC ID | 2021-029A |
Soiuz MS-18 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 9 de abril de 2021 mediante un foguete Soiuz 2-1a desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]
Soiuz MS-18, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Oleg Novitskii, Petr Dubrov e Mark T. Vande Hei a bordo (a tripulación de respaldo eran Oleg Novitskii, Yulia Peresild e Klim Shipenko), foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. Unha vez en órbita chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de tres horas, acoplándose ao módulo Rassvet e coa tripulación uníndose aos membros das Soiuz MS-17 xa a bordo, cuxa partida marcou o inicio da Expedición 65.[2][3][4][5]
O 2 de xuño dous dos cosmonautas rusos fixeron o paseo espacial número 48 de Rusia na historia da ISS e o 28 de setembro de 2021 a Soiuz MS-18 foi movida ao novo módulo Nauka, sendo a primeira nave en acoplarse a este módulo. O 15 de outubro, dous días antes do regreso da nave á Terra, durante unha proba do motor da Soiuz MS-18 para o regreso, o acendido alongouse máis alá do previsto, xirando a estación 57° da súa posición normal. A estación correxíu a orientación anómala cos seus propios propulsores sen producirse danos. A orixe do problema estivo nun erro de procedemento nas instrucións enviadas desde terra a Novitskii. Finalmente, tras 191 días en órbita, a Soiuz MS-18 desacoplouse do módulo Nauka o 17 de outubro de 2021 con Oleg Novitskii, Yulia Peresild e Klim Shipenko (estes dous últimos chegados a bordo da Soiuz MS-19 para rodar unha película) a bordo, aterrando a 148 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Kazakhstán).[2][3][4][5]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz MS-18 |