Soiuz MS-23 | |
---|---|
![]() A Soiuz MS-23 achegándose á estación. | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 24 de febreiro de 2023[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz 2-1a[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5] |
Regreso | 27 de setembro de 2023[1] |
NSSDC ID | 2023-024A |
Soiuz MS-23 foi unha misión espacial rusa lanzada sen tripulación o 24 de febreiro de 2023 mediante un foguete Soiuz 2-1a desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]
Soiuz MS-23, unha Soiuz modelo MS, foi unha misión lanzada para acoplarse automaticamente coa Estación Espacial Internacional para traer de volta a Sergei Prokopiev, Dimitri Petelin e Frank Rubio despois dun problema de perda de refrixerante na súa nave, a Soiuz MS-22. Unha vez en órbita chegou á estación seguindo unha traxectoria de dous días e acoplándose ao módulo Poisk. O 6 de abril de 2023 a nave foi recolocada no módulo Prichal para deixar o Poisk libre para a chegada da nave de carga Progress MS-23. A Soiuz MS-23 desacoplouse da estación o 27 de setembro para volver tripulada a terra unhas horas despois, aterrando ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Casaquistán).[2][3][4][5]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz MS-23 |