Soiuz T-3 | |
---|---|
![]() Selo conmemorativo da misión Soiuz T-3 | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 27 de novembro de 1980, 14:18 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz U[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 12,80 días[6] |
Obxectivo da misión | Voo de probas e acomplamento coa Saliut 6.[2][6] |
Regreso | 10 de decembro de 1980, 9:25 GMT[1][6] |
NSSDC ID | 1980-094A |
Masa | 7000,0 kg[2][5][6] |
Soiuz T-3 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 27 de novembro de 1980 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Soiuz T-3, unha Soiuz modelo T cos cosmonautas Leonid Kizim (comandante), Oleg Makarov (enxeñeiro de voo) e Gennadi Strekalov (enxeñeiro de voo) a bordo, foi unha misión lanzada como voo de probas para comprobar e verificar o funcionamento dos sistemas do novo modelo de nave e para acoplarse coa estación espacial Saliut 6 e facer experimentos a bordo. A nave regresou a terra o 10 de decembro de 1980 ás 9:25 GMT.[2][3][4][5]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz T-3 ![]() |