Soiuz TM-21 | |
---|---|
![]() Parche da misión Soiuz TM-21. | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 14 de marzo de 1995, 6:11 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz U2[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 181,03 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Mir.[2][6] |
Regreso | 11 de setembro de 1995, 6:52 GMT[1][6] |
NSSDC ID | 1995-010A |
Masa | 7150,0 kg[2][5][6] |
Soiuz TM-21 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 14 de marzo de 1995 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Soiuz TM-21, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Vladimir Dezhurov, Gennadi Strekalov e Norman Thagard (o primeiro estadounidense en viaxar nunha Soiuz ) a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación.[2][3][4][5]
A misión coincidiu co acoplamento do transbordador espacial Atlantis á Mir. Coa chegada da Soiuz TM-21 a poboación conxunta da Mir e do transbordador chegou aos 13 habitantes, a maior reunión de xente no espazo por primeira vez na historia: Dezhurov, Strekalov, Thagard na Soiuz ; Viktorenko, Kondakova e Polyakov na Mir; e Oswald, Gregory, Lawrence, Jernigan, Grunsfeld, Parise e Durrance no Atlantis.[2][3][4][5]
A Soiuz regresou a terra o 11 de setembro de 1995 ás 6:52 GMT, tocando terra a uns 108 km ao nordeste de Arkalyk (Kazakhstán).[2][3][4][5]