Soiuz TM-30 | |
---|---|
Parche da misión Soiuz TM-30. | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 4 de abril de 2000, 5:01 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz U[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 72,82 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Mir.[2][6] |
Regreso | 16 de xuño de 2000, 23:52 GMT[1][6] |
NSSDC ID | 2000-018A |
Masa | 7000,0 kg[2][5][6] |
Soiuz TM-30 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 4 de abril de 2000 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Soiuz TM-30, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Aleksandr Kaleri e Sergei Zaliotin a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir e facer ante todo tarefas de mantemento. Cando chegaron á estación, había meses que estaba deshabitada. Cos cargueiros Progress M1-1 e Progress M1-2 reactivaron a Mir e elevaron a súa órbita. Foi a última expedición tripulada á estación.[2][3][4][5]
A Soiuz TM-30 regresou a terra o 16 de xuño de 2000 ás 00:44 GMT preto de Arkalyk (Kazakhstán).[2][3][4][5]