Soiuz TMA-08M | |
---|---|
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 28 de marzo de 2013, 20:43 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz FG[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][5] |
Duración da misión | 166,26 días[5] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5] |
Regreso | 11 de setembro de 2013, 2:58 GMT[1][5] |
NSSDC ID | 2013-013A |
Masa | 7200 kg[5] |
Soiuz TMA-08M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 28 de marzo de 2013 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4]
Soiuz TMA-08M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Christopher Cassidy, Alexander Misurkin e Pavel Vinogradov a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante un período de seis meses. A nave regresou o 11 de setembro de 2013 ás 2:58 GMT.[2][3][4]
A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-08M estaba formada por Michael S. Hopkins, Oleg Kotov e Sergei Riazanski.[5][2]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz TMA-08M |