Soiuz TMA-19M | |
---|---|
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 15 de decembro de 2015, 11:03 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz FG[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][5] |
Duración da misión | 185,92 días[5] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5] |
Regreso | 18 de xuño de 2016, 9:15 GMT[1][5] |
NSSDC ID | 2015-076A |
Masa | 7200 kg[5] |
Soiuz TMA-19M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 15 de decembro de 2015 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4]
Soiuz TMA-19M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Timothy Kopra, Iuri Malenchenko e Timothy Peake a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante un período de seis meses. A nave acoplouse ao módulo Rassvet e regresou o 18 de xuño de 2016 ás 9:15 GMT.[2][3][4]
A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-19M estaba formada por Anatoli Ivanishin, Takuya Onishi e Kathleen Rubins.[5][2]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz TMA-19M |