Soiuz TMA-9 | |
---|---|
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 18 de setembro de 2006, 4:08 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz FG[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][5] |
Duración da misión | 215,35 días[5] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5] |
Regreso | 21 de abril de 2007, 12:31 GMT[1][5] |
NSSDC ID | 2006-040A |
Masa | 7250 kg[5] |
Soiuz TMA-9 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 18 de setembro de 2006 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4]
Soiuz TMA-9 foi lanzada cos cosmonautas Anousheh Ansari, Michael López-Alegría e Mikhail Tiurin a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e levar a cabo tarefas de mantemento e experimentos. A nave acoplouse ao módulo Zaria e durante a súa estancia a ISS recibiu a visita das misións STS-116 e STS-117 e dos cargueiros Progress M-58, Progress M-59 e Progress M-60. Regresou o 21 de abril de 2007 con López-Alegría, Tiurin e Charles Simonii.[2][3][4]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz TMA-9 |