Solanum villosum

Solanum villosum

Planta madura da subespecie nominal de froitos amarelos
Clasificación científica
Reino: Plantae

Clado: Traqueófitas
Clado: Anxiospermas
Clado: Eudicots
Clado: Astéridas

Orde: Solanales
Familia: Solanaceae
Xénero: Solanum
Especie: Solanum villosum
Mill.

Solanum villosum (sinónimo S. luteum)[1] é unha especie de planta solanácea silvestre que crece estendida en Europa, oeste de Asia, norte de África, América do Norte e tamén está naturalizada en Australia.[2]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Planta herbácea anual de 70 cm, desde lixeiramente peluda a densamente peluda. A forma da folla é ovada, de ata 8 cm de longo e 3–6 cm de ancho, enteira ou de beiras lixeiramente lobadas e pecíolos de 4,5 cm de longo. Con grupos de 3 a 8 flores na inflorescencia. A corola é branca. Os froitos don bagas globulares vermellas claras ou amarelas-laranxas (dependendo da subespecie), de 5 a 9 mm de diámetro. As sementes son de 1,7 2,3 mm de longo e de cor amerela clara.[3]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

É coñecida polos seguintes nomes sinónimos:[4][5]

  • Solanum nigrum L. subsp. villosum (L.) Ball,
  • Solanum luteum Mill.,
  • Solanum nigrum L. subsp. miniatum (Willd.) Hartm.
  1. USDA, NRCS (n.d.). "Solanum villosum". The PLANTS Database (plants.usda.gov) (en inglés). Greensboro, North Carolina: National Plant Data Team. Consultado o 17 de novembro de 2015. 
  2. "Solanum luteum PFAF Plant Database". www.pfaf.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 2016-12-23. 
  3. Factsheet Solanum villosum, Flora of South Australia
  4. Herbari vitual del Mediterrani Occidental Solanum villosum
  5. Guía Visual de la Biodiversidad de Navarra Solanum luteum