Solar Anomalous and Magnetospheric Particle Explorer (SAMPEX) / Explorer 68 | |
---|---|
![]() SAMPEX | |
Tipo | Observatorio espacial |
Organización | NASA |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 3 de xullo de 1992[1][2][3] |
Foguete portador | Scout G1[2][4] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2][5] |
Obxectivo da misión | Estudo dos raios cósmicos e de partículas provenientes do Sol.[2][5] |
NSSDC ID | 1992-038A |
Masa | 158 kg[2][4][5] |
Potencia | 16,7 vatios[2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 6769,4 km[1] |
Inclinación | 81,6 graos[1] |
Apoapse | 418,7 km[1] |
Periapse | 378,1 km[1] |
SAMPEX (acrónimo de Solar Anomalous and Magnetospheric Particle Explorer), tamén coñecido como Explorer 68, é un observatorio espacial da NASA pertencente ó programa Explorer e lanzado o 3 de xullo de 1992 mediante un foguete Scout G1 desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[2][4]
A misión de SAMPEX foi obter datos e realizar medicións de raios cósmicos anómalos, das emisións de partículas do Sol e dos electróns relativistas atrapados na magnetosfera.[2][4]
O satélite estabilízase nos tres eixos, co eixo de elevación apuntando ó Sol. Os paneis solares proporcionaban unha potencia de 16,7 vatios e o sistema de telemetría emitía en banda S a unha velocidade de ata 1,5 Mbps. Os instrumentos científicos apuntaban cara ao cénit local para poder observar optimamente o fluxo de raios cósmicos.[2][4]
SAMPEX levaba catro instrumentos a bordo:[2][4]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Solar Anomalous and Magnetospheric Particle Explorer |