Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de abril de 1924 ![]() Zimbabwe ![]() |
Morte | novembro de 2005 ![]() |
Educación | Universidade Howard ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta, prosista ![]() |
Empregador | Universidade de Zimbabwe ![]() |
Descrito pola fonte | Africa: An Encyclopedic Reference, (vol:2) ![]() |
Solomon Mangwiro Mutswairo, nado en Zawu o 26 de abril de 1924 e finado en novembro de 2005 foi un escritor zimbabwés, que escribiu en 1957 a primeira novela en lingua shona, Feso.
Mutswiro medrou en Zambia e estudou na Universidade de Fort Hare, e despois foi profesor e director de escola[1]. Feso, escrita a finais da década de 1940 dialecto zezuru e publicada en 1957 en Suráfrica co apoio da oficina gobernamental de publicacións de Rodesia do Sur pero sen incluír o primeiro capítulo orixinal[2], é unha narración con implicacións políticas sutís cunha trama que se desenvolve no século XVII[3], antes da colonización europea, mo medio dunha guerra entre dúas tribos. Máis aló o uso da lingua shona, a novela incorpora numerosas características da cultura zezuru oral, incluíndo cancións e técnicas de recitado. A obra transcendeu á pequena elite intelectual do país, e Feso converteuse nunha obra popular, e mesmo ensinouse nas escolas, ata que o goberno rodesiano a prohibiu a mediados da década de 1960.
Despois de publicala Mutswairo foi estudar aos Estados Unidos a primeiros da década de 1960, orixinalmente cunha bolsa Fulbright. Recibiu o doutorada na Universidade Howard en 1978, coa tese Oral Literature in Zimbabwe: An Analytico-Interpretive Approach. Mutswairo tamén escribiu poesía e prosa en inglés. Publicou dúas novelas históricas sobre as figuras históricas do século XIX Kadungure Mapondera e Chaminuka. Parte da súa poesía shona traduciuna ao inglés e publicouna en Zimbabwe: Prose and Poetry[4]. Foi ademais presidente do National Arts Council of Zimbabwe a finais da década de 1950. Mutswairo é autor da letra de "Simudzai mureza weZimbabwe", o himno nacional zimbabwés.