Sonsoles Espinosa

Modelo:BiografíaSonsoles Espinosa

(2007) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Sonsoles Espinosa Díaz Editar o valor en Wikidata
8 de novembro de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Ávila, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de León Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora de música, profesora de música Editar o valor en Wikidata
Empregadorcoro
RTVE
Real Capilla de Madrid (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJosé Luis Rodríguez Zapatero Editar o valor en Wikidata

Sonsoles Espinosa Díaz, nada en Ávila o 8 de novembro de 1961, é unha xurista, soprano e profesora de música española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de militar, licenciada en dereito pola Universidade de León, coñeceu nesta cidade a José Luis Rodríguez Zapatero en 1981. A parella contraeu matrimonio o 27 de xaneiro de 1990. Froito deste son dúas fillas, Laura e Alba.

Profesional da música, impartiu clases desta disciplina nun colexio privado de León, o Colegio Leonés. Foi membro do coro universitario desta cidade. Ao ser elixido Rodríguez Zapatero secretario xeral do PSOE ambos trasladaron o seu domicilio a Madrid, a capital de España. Grazas á práctica da música vocal tamén en Madrid permanece en contacto co mundo artístico. No coro do Teatro Real desempeñou funcións de soprano substituta. Con posterioridade, foi tamén contratada polo coro de RTVE.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Ana Botella
 
Parella do Presidente do Goberno de España
 
2004 - 2011
Sucesor:
Elvira Fernández Balboa