Un sorriso de Glasgow (en inglés: Glasgow smile), tamén coñecido como sorriso de Chelsea, é unha ferida causada por facer un corte nas esquinas da boca da vítima até a altura das orellas, deixando unha cicatriz con forma de sorriso.[2][3][4]
O acto adoita realizarse cunha navalla ou unha peza de vidro roto,[5] deixando unha cicatriz que fai que a vítima semelle estar sorrindo amplamente.
Crese que a práctica se orixinou en Glasgow, Escocia nas décadas de 1920 e 1930,[6] pero fíxose moi popular entre as bandas criminias inglesas (especialmente entre os Chelsea Headhunters,[7] unha banda hoolingan de Londres que popularizou os nomes "Chelsea grin" ou "Chelsea smile").