Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Boyacá | ||||
Provincia | Provincia do Centro | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 288,65 km² | ||||
Altitude | 2.860 m | ||||
Creación | 1582 (Gregoriano) | ||||
Sitio web | sotaquira-boyaca.gov.co… |
Sotaquirá é un concello colombiano do departamento de Boyacá, que se atopa no centro-leste de Colombia, na rexión do Alto Chicamocha. Está situado a uns 39 km da cidade de Tunja. Sitúase na provincia do Centro.
O concello limita polo norte con Paipa, polo sur con Cómbita, polo oeste con Gámbita e polo leste con Tuta.
Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Sotaquirá estivo habitado polos indíxenas sotairaes, da Confederación Muisca, tributarios do Zaque de Hunza. O 20 de decembro de 1582 foi fundado o poboado polo pai agostiño frei Arturo Cabeza de Vaca, mediante a unión dos repartimentos de Ocusa, Tímiza e Soconsuca. En 1777 o poboado constituíuse en parroquia.[1]