Space Flyer Unit / SFU | |
---|---|
![]() SFU en órbita. | |
Tipo | Científico |
Fabricante | Mitsubishi Electric |
Organización | NASDA |
Data de lanzamento | 18 de marzo de 1995, 8:01 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | H-II[2][4] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Tanegashima, rampla YLP-1[2][5] |
Obxectivo da misión | Experimentos en microgravedade, observacións astronómicas[2][5] |
Decaemento | 20 de xaneiro de 1996[1] |
NSSDC ID | 1994-011A |
Masa | 4000 kg[2][4][5] |
Space Flyer Unit, coñecido tamén polo seu acrónimo SFU, foi un satélite artificial da axencia espacial xaponesa NASDA lanzado o 18 de marzo de 1995 mediante un foguete H-II desde o Centro Espacial de Tanegashima xunto co satélite meteorolóxico GMS 5.[2][3][4]
SFU levaba a bordo varios experimentos de materiais e biolóxicos para facer en microgravedade e un telescopio espacial para as lonxitudes de onda do infravermello, o primeiro deste tipo posto en órbita polo Xapón. O telescopio tiña unha abertura de 15 cm e podía observar no rango de lonxitudes de onda entre 1 e 1000 micrómetros, de interese para o estudo do medio interestelar, estrelas cara ao final da súa vida e o po interplanetario.[2][3][4]
SFU foi recuperado en órbita polo transbordador espacial Endeavour na misión STS-72 o 13 de xaneiro de 1996.[2][3][4]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Space Flyer Unit |