Información | |
---|---|
Fabricante | Dallara Spark Racing Technology |
Deseñador | Frédéric Vasseur |
Produción | |
Predecesor | |
Sucesor | ningún |
Longo | 5.000 mm |
Largo | 1.800 mm |
Alto | 1.250 mm |
Peso | 898 Kg. mínimo (con piloto) |
Chasis | Monocasco de fibra de carbono e aluminio |
Suspensión | Pushrod, amortecedores dobres con barra de torsión (adiante) Spring (atrás) |
Motor | McLaren Electronic Systems MGU |
Potencia | 200 KW |
Transmisión | Hewland secuencial de cinco velocidades |
Tracción | |
Freos | Dous sistemas hidráulicos de material libre |
Prestacións | |
Pneumáticos | Michelin |
Debut | ePrix 2014 de Pequín |
Pilotos | 35 |
Carreiras | 11 |
Páxina oficial da Fórmula E |
O Spark-Renault SRT 01E é un monopraza eléctrico deseñado e construído especialmente para a tempada inaugural (2014-2015) da Fórmula E, competicón organizada pola Federación Internacional do Automóbil.
O desenvolvemento do monopraza comezou en setembro do ano 2012. Lucas di Grassi foi nomeado como piloto de probas oficial, facendo unha demostración do prototipo, o Formulec EF01 (construído no 2010). O Formulec EF01 contaba cun chasis construído por Mercedes GP e motores fabricados por unha marca que non é de coches, Siemens. O coche empregouse no vídeo de promoción oficial e para demostracións en cidades de todo o mundo.
O 1 de novembro de 2012, annciouse que McLaren Electronic Systems sería provedor do motor eléctrico, da transmisión e dos sistemas electrónicos para a Fórmula E. A organización Fórmula E encargoulle 42 monoprazas a Spark Racing Technologies. Para cumprir con este pedido, Spark asociuse ao coñecido fabricante italiano, Dallara.
O 28 de marzo do 2013, Michelin foi nomeado como subministrador exclusivo de pneumáticos. O 15 de maio do mesmo ano tamén se anunciou que a fabricante de coches francesa, Renault sería un socio técnico de Spark Racing Technologies. A experiencia de Renault cos seus programas de Renault Z.E. (Cero Emisión) e Fórmula 1, sería aproveitada para beneficio da Fórmula E. Ese mesmo día, Fórmula E revelou o deseño do tan esperado Spark-Renault SRT 01E.
O deseño das baterías correu a cargo de Williams Advanced Engineering, parte do Grupo Williams ao cal a escudería WilliamsF1 tamén pertenence.