Spektr (índice GRAU 11F77O) foi un módulo da estación espacial soviético-rusa Mir. Foi orixinalmente deseñado con fins militares e despois reacondicionado para servir como módulo civil. Cunha masa de 19.640 kg, foi lanzado o 20 de maio de 1995 a bordo dun Proton K.[1]
Spektr ten a súa orixe no programa de estacións espaciais militares soviéticas. Co derrubamento do réxime comunista o programa finalizou, e Spektr, aínda sen rematar, pasou a almacenamento. Anos máis tarde os Estados Unidos acordaron con Rusia proporcionar fondos para rematar os módulos Spektr e Priroda a cambio de levar a bordo entre 600 e 700 kg de experimentos americanos. Spektr foi o quinto compoñente da Mir e foi destinado principalmente a facer observacións da Terra, como busca de recursos naturais e estudo da atmosfera. Tamén serviu para facer experimentos de materiais, biolóxicos e de tecnoloxía espacial. Dispoñía dunha pequena cámara estanca para expoñer experimentos ao espazo e para lanzar pequenos satélites. O volume presurizado total do módulo era de 62 m3 e tiña catro paneis solares (dous de 27 m2 e dous de 38 m² que proporcionaban ata 9,3 kW de potencia eléctrica que era almacenada en baterías de níquel-cadmio de 360 A-hr de capacidade.[1]
Entre os instrumentos que levou a bordo destacan:[1]
Spektr foi destruído xunto co resto da Mir durante a reentrada controlada da estación o 23 de marzo de 2001 sobre o océano Pacífico.[1]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Spektr |