Spektr RG / SXG | |
---|---|
Modelo de Spektr RG. | |
Tipo | Observatorio espacial |
Contratistas principais | NPO Lavochkin |
Data de lanzamento | 13 de xullo de 2019[1][2][3] |
Foguete portador | Proton MF[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][3][4][5] |
Obxectivo da misión | Observatorio radioastronómico.[2][3][4][5] |
NSSDC ID | 2019-040A |
Masa | 2267 kg[4] |
Spektr RG, tamén coñecido como Spectrum-XG (SXG), é un observatorio espacial ruso lanzado o 13 de xullo de 2019 a bordo dun foguete Proton M desde o Cosmódromo de Baikonur.[1][2][4][5]
Spektr RG é un observatorio espacial ruso con participación internacional para a observación en raios X. A súa misión é estudar o campo magnético interplanetario, as galaxias e os buratos negros. Leva cinco telescopios a bordo que abarcan enerxías desde o ultravioleta extremo aos raios X duros, e adicionalmente leva un monitor global do ceo. Spektr RG é unha versión relanzada dunha misión de igual nome e obxectivos cancelada en 2002.[1][2][4][5]
O observatorio leva a bordo os seguintes instrumentos:[1][2][4][5]
O lanzamento do observatorio foise pospoñendo desde 2013 ata 2019. O 1 de marzo de 2022 Alemaña apagou o seu instrumento no observatorio como consecuencia da invasión rusa de Ucraína, aínda que podería reacenderse no futuro.[1][2][4][5]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Spektr RG |