Spialia sertorius | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Spialia sertorius' (Hoffmannsegg, 1804)[1] | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
A Spialia sertorius é unha bolboreta da familia Hesperiidae. Atópase en Europa do sur, Europa central e África do norte. É unha especie de rexións montañosas, atópanse en Europa en altitudes de até 1400 m.
A súa envergadura de á vai desde 22 a 26 mm., voan de abril até agosto dependendo da súa localización. Normalmente ten dúas xeracións por ano, os adultos da segunda xeración son máis pequenos que os da primeira.
É unha especie variable pero normalmente pode distinguirse de especies similares como Spialia orbifer pola cor marrón escura avermellada do reverso das súas ás. O lado superior das ás é marrón escuro con manchas brancas pequenas.[2][3]
As larvas aliméntanse de Sanguisorba, incluíndo Sanguisorba minor, Rubus idaeus e Potentilla, incluíndo Potentilla verna.
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Spialia sertorius |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Spialia sertorius |