Spilocuscus wilsoni | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Crítico[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Spilocuscus wilsoni Helgen & Flannery, 2004 | |||||||||||||||
Distribución da especie.
|
Spilocuscus wilsoni é unha especie de marsupial da familia dos falanxéridos. É endémica das illas de Biak e Supiori de Papúa Occidental, Indonesia.[1] Foi descrito cientificamente no ano 2004, sendo unha especie moi rara. A caza e a perda do seu hábitat provocaron que fose clasificada como en perigo crítico pola IUCN. As investigacións recentes non conseguiron atopar exemplares en liberdade. Ó contrario que os outros membros do xénero Spilocuscus, esta especie relativamente pequena ten uns distintivos ollos azuis.