Stadium Gal | |
---|---|
Fachada principal do Stadium Gal | |
Datos | |
Coordenadas | 43°20′44″N 1°47′09″O / 43.345556, -1.785833 |
Localización | Irún, Guipúscoa España |
Construción | |
Inauguración | 19 de setembro de 1926 |
Arquitecto | Carlos Agirretxe |
Estadio | |
Superficie | Céspede natural |
Dimensións | 100 x 67 |
Capacidade | 6.344 |
Propietario | Real Unión Club |
Localía | Real Unión Club |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Stadium Gal é un estadio de fútbol situado na cidade de Irún, no País Vasco. Nel disputa os seus partidos como local o Real Unión Club. Está a 300 metros da localidade francesa de Hendaia e da fronteira do mesmo estado, xunto ao río Bidasoa. O estadio dispón dunha capacidade de 6.344 espectadores e de céspede natural.
Foi construído en 1926 nuns terreos doados por Salvador Echeandía Gal. Inaugurouse o 19 de setembro dese ano cun partido entre a Real Unión e o FC Barcelona. Naquela época o equipo irundarra era un dos máis importantes de España, conseguindo varios títulos de Copa.[1]
En 1950 construíuse un velódromo arredor do terreo de xogo que nese mesmo ano acolleu o final dunha etapa da Volta ciclista a España.[1]
En 1997 inaugurouse o novo Stadium Gal, situado no mesmo lugar que o campo vello.[1]
Neste estadio o Real Unión disputou todos os seus partidos como local en Primeira, Segunda, Segunda B e en Terceira e nel logrou a marca de ser o primeiro equipo de Segunda B en eliminar ao Real Madrid nunha eliminatoria (ida 3-2 e volta 4-3).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Stadium Gal |