Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2019.) |
Nome orixinal | (en) Stanley Payne |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Stanley George Payne 9 de setembro de 1934 (90 anos) Denton, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Universidade Columbia - Doutor en filosofía (–1960) Claremont Graduate University (en) - mestría en artes (–1957) Pacific Union College (pt) - grao en Artes (–1955) |
Director de tese | Shepard B. Clough (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia e comparative fascist studies (en) |
Ocupación | historiador |
Empregador | Universidade de Wisconsin-Madison (1968–) Universidade de California, Os Ánxeles (1962–1968) Universidade de Minnesota (pt) (1960–1962) |
Membro de | |
Interesado en | Nacionalismo vasco, José Antonio Primo de Rivera, guerra civil española, Segunda República Española, Franquismo, falangismo (pt) , historia contemporánea de España, Fascismo e Francisco Franco |
Participou en | |
14 de marzo de 2018 | Manifesto pola Historia e a Liberdade |
Premios | |
Stanley George Payne, nado o 9 de setembro de 1934 en Denton (Texas), é un historiador, escritor e hispanista estadounidense.
É doutor en historia pola Universidade de Columbia e profesor emérito de historia na Universidade de Wisconsin-Madison, onde é catedrático Hilldale-Jaume Vicens Vives. Tamén é codirector de Journal of Contemporary History, membro da Academia Americana de Artes e Ciencias (American Academy of Arts and Sciences) e, dende 1987, académico correspondente da Real Academia Española da Historia.
Payne escribe con certa frecuencia artigos de opinión nos xornais españois ABC e El Mundo sobre actualidade hispana. Tamén na Revista de Libros colabora asiduamente cos seus ensaios bibliográficos. Ten colaborado con varias universidades en España en temas ligados co franquismo e a II República Española.
En 2009 foi nomeado cabaleiro da gran cruz da Orde de Isabel a Católica.