O status quo dos lugares da Terra Santa é un acordo entre as comunidades relixiosas con respecto aos nove Lugares Santos compartidos en Xerusalén e Belén.[1] Outros Lugares Santos en Israel e Palestina non forman parte do status quo debido a que as autoridades dunha relixión ou dunha comunidade teñen a posesión efectiva recoñecida polas demais.[2]
Resultou dun firman (decreto) do sultánotománOsman III en 1757[3] que preservaba a división da propiedade e responsabilidades de varios lugares importantes para os cristiáns, musulmáns e xudeus con respecto aos seus propietarios ou controladores no momento, e representou acordos entre varias relixións relativo a que nada podería cambiarse da forma na que se viña facendo ata entón sen interromper o balance nas visitas dos peregrinos a eses lugares. En 1852 e 1853 emitíronse novos decretos reafirmando as provisións do decreto de 1757.[4] As provisións actuais do status quo nunca chegaron a establecerse nun documento único. Porén en 1929, un documento preparado por un funcionario do Mandato británico de Palestina chamado George Archer Cust e titulado The Status Quo in the Holy Places, pasou a ser o documento estándar sobre a materia.[5][6]
↑UN Conciliation Commission 1949, p. 7a: "Por exemplo o Cenáculo que, aínda que se trata dun Lugar Santo cristián, estivo en mans dos musulmáns desde mediados do século XVI. A posición de que os cristiáns non desfrutan o dereito de celebrar servizos relixiosos no lugar permanece sen discutir."
↑Eva Maurer Morio, What does Status Quo stand for?, in History of Latin Patriarchate, on the website of the Latin Patriarchate of Jerusalem [1]Arquivado 13 de xuño de 2018 en Wayback Machine.
↑ 7,07,1Cust 1929: "A Gruta do Leite e o Campo dos Pastores preto de Belén tamén forman parte do Status Quo, pero non existen rexistros sobre estes dous lugares."