Stefano Dominicali

Modelo:BiografíaStefano Dominicali
Nome orixinal(it) Stefano Domenicali Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de maio de 1965
Imola, Italia
Director executivo Formula One Group
2021 –
← Chase Carey (pt) Traducir
Director executivo Lamborghini
2016 – 2020
← Stephan Winkelmann (en) TraducirStephan Winkelmann (en) Traducir →
Director Scuderia Ferrari
2008 – 2014
← Jean TodtMarco Mattiacci → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Italia
EducaciónUniversidade de Boloña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAutomobilismo e industria do automóbil Editar o valor en Wikidata
OcupaciónDirector deportivo de Ferrari 2008 - Presente
Período de actividade1991 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorScuderia Ferrari Editar o valor en Wikidata
Premios


Stefano Domenicali (nado o 11 de maio de 1965) é actualmente o director do equipo Ferrari de Fórmula Un.

É fillo dun prominente banqueiro[1] en Imola. Estudou administración de empresas na Universidade de Boloña, onde se graduou en 1991.[2] Sempre crera que estaba destinado a facer unha carreira no automobilismo, debido ao seu lugar de nacemento.[3]

Uniuse a Ferrari, inmediatamente despois da súa gradación en 1991, onde traballou na administración fiscal da empresa.[3] Entre 1992 e 1994, foi director de carreira en Mugello estivo involucrado en MotoGP, DTM e outra serie de carreiras.[3][4] En 1995, foi nomeado xefe de persoal no departamento deportivo de Ferrari, tamén estivo implicado na coordinación de patrocinios, antes de ser promovido a xefe de equipo en decembro de 1996,[3][5] onde permaneceu ata xaneiro de 2001. Logo dunha breve experiencia como Xerente de Loxística, converteuse en director deportivo do equipo en 2002.[3][5]

O 12 de novembro de 2007 Ferrari, anunciou que Stefano Domenicali, asumia o papel de Director do equipo Ferrari de Fórmula Un, un posto anteriormente en mans de Jean Todt. Baixo o seu liderado, Ferrari gañou o Campionato de Construtores 2008, antes de soportar unha tempada menos competitiva en 2009 na que o equipo só gañou unha única carreira. En 2010, o equipo gañou cinco carreiras e terminou terceiro no Campionato de Construtores, detrás de Red Bull Racing e McLaren, o mesmo resultado que en 2011 aínda que nesta tempada só gañou unha carreira.

  1. "Domenicali by James Allen". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2008. Consultado o 25 de febreiro de 2012. 
  2. "Domenicali Ferrari Bio". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2012. Consultado o 25 de febreiro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Domenicali Profile". 
  4. "Interview with FerrariWorld Channel". 
  5. 5,0 5,1 "Grandprix.com biography". 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]