Stenodus nelma | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Stenodus nelma, pescado no curso medio do río Obi | |||||||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||
Stenodus nelma (Pallas, 1773) | |||||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||||
|
Stenodus nelma é unha especie de peixe osteíctio da familia dos salmónidos, subfamilia dos coregoninos, unha das dúas comprendidos no xénero Stenodus.[2][3][4]
A eslopecie foi descrita en 1773 polo médico, zoólogo e botánico alemán, que traballou en Rusia, Peter Simon Pallas, baixo o nome de Salmo nelma.[2][3][4]
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñecuese tamén polos sinónimos:[2][3][4]
Stenodus nelma foi considerada anteriormente como unha subespecie de Stenodus leucichthys (Stenodus leucichthys nelma). Stenodus leucichthys é unha especie eurasiática restrinxida á conca do mar Caspio, e hoxe extinta en estado salvaxe, pero que continúa viva en catividade.[1][5]
Stenodus nelma é unha especie de peixe anádromo que está moi estendida nos ríos árticos, desde a península de Kola (conca do mar Branco) cara ao leste a través de Siberia até o río Anádyr, e tamén nas concas norteamericanas dos ríos Yukón e Mackenzie,[1][6][7] pero as súas poboacións están diminuíndo nalgúnhas destas zonas pola sobrepesca (é unha especie comercial) e a polución.[1]
Stenodus nelma habita na zona peláxica do mar con salinidade de até 20 ppt. Vive en ríos grandes e lagos das terras baixas. Prefire augas frías con temperaturas inferiores aos 16 °C. Aliméntase e inverna nos tramos máis baixos dos grandes ríos, deltas, rías e mar, ás veces lonxe da costa. Anádromo ou semianádromo, emprende a migración para desovar nos ríos, movéndose río arriba até longas distancias. As poboacións dos lagos migran cara aos afluentes. Os xuvenís depredan pequenos crustáceos, larvas de insectos e peixes pequenos, pasando a ser exclusivamente piscívoros cando alcanzan uns 30 cm de lomxituide. Aliméntase activamente de todos os peixes dispoñíbeis. A desova ten lugar en augas pouco profundas (de 2 a 3 m) con fondos de area e grava.[6]
A especie está localmente ameazada pola sobrepesca e a contaminación.[1]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que é unha especie moi estendida, e aínda que as poboacións nos ríos europeos e siberianos están a diminuír debido á sobrepesca e á contaminación, pero non a un ritmo que permita cualificar a especie como ameazada ou case ameazada, polo que cualifica o seu staus como LC (pouco peocupante).[1]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Stenodus nelma |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Stenodus nelma |