Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1960 (63/64 anos) Dublín, Irlanda |
Actividade | |
Campo de traballo | Música |
Ocupación | violinista, violinista, músico |
Instrumento | Fiddle |
Sitio web | stevewickham.ie |
Steve Wickham é un músico irlandés descrito por Mike Scott coma "o meirande músico rock de fiddle do mundo fiddle" e por New Musical Express coma unha "lenda do fiddle."[1][2][3] Orixinario de Marino, Dublín, mais criado en Sligo,[4] Wickham tocou o violín no clásico de U2 Sunday, Bloody Sunday, e tamén colaborou en gravacións de Elvis Costello, de Hothouse Flowers, de Sinéad O'Connor ou de World Party. É o máis veterano dos membros de The Waterboys. Wickham toca rock and roll e música irlandesa, e desenvolveu unha técnica de rock para violín que el chama "fuzz fiddle".[5]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Steve Wickham |