![]() (2017) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Steven Funaki Adams ![]() 20 de xullo de 1993 ![]() Rotorua, Nova Zelandia ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Rotorua Lakes High School (en) ![]() Notre Dame Preparatory School (en) ![]() Universidade de Pittsburgh Scots College (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 211 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 113 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2011 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Nova Zelandia ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Pivote ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 12 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Oklahoma City Thunder ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Valerie Adams Lisa Adams ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() |
Steven Funaki Adams, nado o 20 de xullo de 1993 en Rotorua, é un xogador neozelandés de baloncesto profesional que xoga nos Houston Rockets da National Basketball Association (NBA). Despois de xogar unha tempada co equipo natal Wellington Saints en 2011, Adams mudouse aos Estados Unidos en 2012 para xogar ao baloncesto universitario para Pittsburgh. En xuño de 2013, Thunder foi seleccionado pola 12ª selección global no borrador da NBA de 2013.
En febreiro de 2011, Adams fichou polos Wellington Saints para disputar a tempada 2011 da NBL neozelandesa, onde axudou ós Saints a gañar o título da NBL, e conseguiu o premio ó Rookie do Ano.
O 27 de xuño de 2013, Adams foi elixido na 12ª posición do Draft de 2013 polos Oklahoma City Thunder, converténdose no primeiro neozelandés en ser escollido na primeira rolda dun Draft da NBA.[1] O 12 de xullo de 2013, Adams asinou cos Thunder.[2] O 8 de novembro de 2013, conseguiu o seu primeiro dobre-dobre, ó facer 17 puntos e 10 rebotes na vitoria dos Thunder por 119-110 sobre os Detroit Pistons. O 22 de maio de 2014, foi escollido no segundo mellor equipo de rookies da tempada 2013-14.[3]
O 24 de novembro de 2020, Adams foi traspasado ós New Orleans Pelicans nun traspaso entre catro equipos.[4]
O 7 de agosto de 2021, Adams foi traspasado ós Memphis Grizzlies nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Charlotte Hornets.[5]
O 1 de febreiro de 2024, os Grizzlies traspasaron a Adams ós Houston Rockets a cambio de Victor Oladipo e tres futuras eleccións da segunda rolda do Draft.[6]