Streetcleaner

Streetcleaner
Álbum de Godflesh
Publicado13 de novembro de 1989
Gravación1988 - 1989
Estudio(s)Soundcheck en Birmingham, e Square Dance en Derby
Duración52:21 (vinilo e casete)
66:22 (CD)
Xénero(s)metal industrial
Selo(s)Earache Records
ProdutorJ. K. Broadrick, G. C. Green
Cronoloxía
Godflesh
(1988)
Streetcleaner Slavestate
(1991)
Na rede
Spotify: 1BloguumODLJ2PKsP7dza6 Discogs: 13153 Allmusic: mw0000690769 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Streetcleaner é o primeiro álbum de estudio da banda inglesa de metal industrial Godflesh, publicado o 13 de novembro de 1989 a través do selo Earache Records. O traballo foi reeditado cun segundo disco de material inédito o 21 de xuño de 2010. O álbum foi amplamente aclamado polos críticos e adoita a ser citado como un fito do metal industrial; aínda que non é o primeiro lanzamento do xénero, Streetcleaner axudou a definir no que se convertería o metal industrial.

Gravado en tres sesións distinta e parcialmente refinado a partir de demos pre-Godflesh, Streetcleaner é un álbum pesado e sombrío que combina heavy metal con música industrial cunha produción con baixos enfatizados, guitarras disorsionadas e, como parte máis importante, percusión proporcionada por máquinas. A diferenza de moitos álbums de metal, a guitarra empregouse para crear sons chirriantes en vez de riffs discretos, e a batería e baixo soan con máis volume que o habitual.[1] Streetcleaner foi promocionado por unha serie de concertos onde Godflesh tocou ao lado de Napalm Death,[2] e foi na parte norteamericana da xira onde a banda comezou a gañar unha importante fama internacional.

Dende a súa publicación Streetcleaner recibiu multitude de eloxios e foi interpretado ao vivo na súa totalidade dúas veces (unha no Roadburn Festival, unha gravación que foi publicada como álbum ao vivo en 2013).[3] Moitas outras bandas de metal citaron ao álbum como particularmente influente, entre elas Neurosis, Fear Factory e Isis, e o líder de Godflesh, Justin Broadrick, considérao un dos seus lanzamentos máis importantes. En 2017 a revista Rolling Stone nomeou a Streetcleaner o 64º mellor álbum de metal de todos os tempos.[1]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Justin Broadrick e G. C. Green. Os temas do 6 ao 10 amén escritos por Paul Neville

N.º Título Duración
1. "Like Rats"   4:29
2. "Christbait Rising"   7:00
3. "Pulp"   4:16
4. "Dream Long Dead"   5:19
5. "Head Dirt"   6:09
6. "Devastator"   3:20
7. "Mighty Trust Krusher"   5:26
8. "Life Is Easy"   4:51
9. "Streetcleaner"   6:42
10. "Locust Furnace"   4:45
52:21
Cancións extra do CD (Tiny Tears EP)
N.º Título Duración
11. "Tiny Tears"   3:25
12. "Wound"   3:05
13. "Dead Head"   4:09
14. "Suction"   3:22
Disco 2 da remasterización de 2010
N.º Título Duración
1. "Like Rats" (mestura orixinal inédita) 4:22
2. "Christbait Rising" (mestura orixinal inédita) 6:50
3. "Pulp" (mestura orixinal inédita) 4:07
4. "Dream Long Dead" (mestura orixinal inédita) 5:08
5. "Head Dirt" (mestura orixinal inédita) 6:01
6. "Streetcleaner" (ao vivo en Xenebra, principios de 1990) 5:47
7. "Head Dirt" (ao vivo en Xenebra, principios de 1990) 6:00
8. "Pulp" (ensaio, maio de 1989) 12:20
9. "Dream Long Dead" (ensaio, abril de 1989) 5:29
10. "Christbait Rising" (ensaio, abril de 1989) 6:34
11. "Deadhead" (demo orixinal de guitarra e caixa de ritmos, 1988) 4:01
12. "Suction" (demo orixinal de guitarra e caixa de ritmos, 1988) 3:11
69:50

Notas

  • Nalgúns lanzamentos os temas 6 e 7 están conbinados nunha única canción titulada "Devastator / Mighty Trust Krusher".
  1. 1,0 1,1 "The 100 Greatest Metal Albums of All Time". Rolling Stone (en inglés). 2017-06-21. Consultado o 2020-07-21. 
  2. "Home of Metal | Godflesh biography" (en inglés). Consultado o 2020-07-21. 
  3. "Godflesh - Streetcleaner: Live At Roadburn 2011". Discogs (en inglés). Consultado o 2020-07-21.