Subachoque é un dos 116 concellos do departamento de Cundinamarca, Colombia. Atópase na provincia de Sabana Occidente, a 45 km de Bogotá. Limita polo leste con Zipaquirá, Tabio e Tenjo, polo norte con Pacho e Zipaquirá, polo sur con El Rosal e Madrid, e polo oeste con Supatá e San Francisco de Sales. Fundouno Jacinto Roque Salgado o 16 de marzo de 1774. En 1861 foi o escenario da batalla de Subachoque, no que o exército de Tomás Cipriano de Mosquera derrotou ó de Mariano Ospina Rodríguez. Tradicionalmente, a rexión forneceu de produtos alimenticios a Bogotá e a outras poboacións da sabana. Nas últimas décadas do século XX desenvolveuse a sementeira intensiva de flores para a exportación.
O topónimo «Subachoque» en muysc cubun (lingua muisca) significa «fronte de traballo». Outro posible significado é «Traballo do Sol».[1]