A división administrativa da Gambia está feita primeiramente polas divisións. Despois, nunha liña paralela, que se mantén desde a independencia do país en 1965, está dividida en Áreas de Goberno Local, que á súa vez se dividen en distritos.
Gambia está dividida en 5 divisións e unha cidade (Banjul):
División/Cidade | Capital | Área (km2) | Poboación (censo 2003) |
Banjul (cidade) | Banjul | 88 | 357.238 |
Lower River | Mansa Konko | 1.618 | 72.546 |
Central River | Janjanbureh | 2.894 | 185.897 |
North Bank | Kerewan | 2.256 | 172.806 |
Upper River | Basse Santa Su | 2.069 | 183.033 |
Western | Brikama | 1.764 | 392.987 |
Total | 10.689 | 1.364.507 |
Adicionalmente, Gambia está dividida en 8 subdivisións ou Áreas de Goberno Local (LGA):
Subdivisións ou LGA | Capital | Área (km2) | Poboación (censo 2003) | División/Cidade |
Banjul | Banjul | 12 | 34.828 | Banjul |
Basse | Basse Santa Su | 2.069 | 183.033 | Upper River |
Brikama | Brikama | 1.764 | 392.987 | Western |
Janjanbureh | Janjanbureh | 1.280 | 106.799 | Central River |
Kanifing | Kanifing | 76 | 322.410 | Banjul |
Kerewan | Kerewan | 2.256 | 172.806 | North Bank |
Kuntaur | Kuntaur | 1.614 | 79.098 | Central River |
Mansakonko | Mansakonko | 1.618 | 72.546 | Lower River |
Total | 10.689 | 1.364.507 |
Gambia está subdividida en 37 distritos.